LUCÍA trouxo outras froitas típica desta estación do ano... FREIXOAS.
Coma sempre, o primeiro que fixemos foi buscar información sobre esta froita, xa a gran maioría d@s pequech@s non a coñecían:
* A Freixoa é unha froita tropical procedente do Brasil (guayaba).
* Esta froita dase nun pequeno arbusto de folla perenne, con moitas ramas que lle dan unha forma redondeada.
* As súas flores son rosadas son moi chamativas, de cor rosada, vermella...
O resto da información quixemos averiguala por nós mesm@s, empregando os 5 SENTIDOS.
* Observamos a rama con follas de pequeno tamaño de cor verde escuro por riba e dunha cor branca polo envés. Tocamos para percibir unha textura peluda.
* Os froitos non teñen gran tamaño. Son ovalados e de cor verde. Teñen unha pel non moi dura e algo rugosa.
* O axitalas non se percibe ningún son do seu interior.
* Desprenden un olor moi intenso e característico, que ao partilas, intensifícase todavía máis.
* Por dentro teñen unha polpa de cor amarelo e unha pequenas sementes. Comprobamos que había diferenza entre unhas e outras... e despois de pensar, chegamos á conclusión de que era pola madurez (que ademáis de na vista, tamén aprezamos a través do tacto).
* O sabor... xa é outra cousa! Un gusto peculiar que ou gusta moito ou non gusta nada!
Grazas; Lucía e familia por colaborar así!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.