domingo, 13 de novembro de 2016

@ PROTAGONISTA DA SEMANA

A pesar de pasar por semanas con múltitude de actividades que rompían a rutina da aula (e iso encántanos), seguimo adiante co protagonista se semana.


Esta semana que pasou tocoulle o turno a PAULA, quen cada día nos foi desvelando a información sobre os 5 aspectos que traballamos a través desta iniciativa:




* LUNS: características persoais ó nacer e hoxe.
* MARTES: a miña familia.
* MÉRCORES: as profesións da súa familia e que quero ser de maior.
* XOVES: onde vivo? (domicilio).
* VENRES: a miña casa.

Coa información que van aportando,  estamos a realizar táboas de rexistro para poder analizar, comparar, e aprender cada día.


(Polo de agora temos a información das dúas alumnas que xa foron protagonistas: Lara e Paula)

Mañán comezaremos unha nova semana co seu PROTAGONISTA...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.