Na asigantura de ciencias naturais intentamos coñecer máis de preto o noso entorno próximo, e hoxe tocounos realizar unha experiencia a través dos cinco sentidos.
Unha caixiña repleta de algo que ningún pequech@ recoñeceu. Que podía ser? as súas respostas xiraban todas en torno o reino vexetal: unha planta? unha folla? algo dunha árbore?...
Eran PHYSALIS. Empregamos o ordenador para buscar información:
* PHYSALIS, uvilla, alquequenje, tomate silvestre...
* É unha froita exótica que nace nun arbusto que ten o nome de uchuva.
* É unha baga pequena, redonda, carnosa, amarela e doce.
* Está cuberta por un capacho, para protexerse dos insectos, dos páxaros...
* Procedente de Sudamérica. (Buscamos o mapa para buscar esta zona e situala con respecto o noso país). Introduciuse en Europa no tempo de Cristobal Colón.
Despois de aprender algunha cousa sobre o physalis, collemos un cada un para coñecelo máis a fondo, a través dos 5 sentidos:
* OBSERVAMOS como é: por fóra e por dentro, e fixemos unha descripción conxunta da súa forma, cor, tamaño...
* TOCAMOS: para notar a súa textura.
* ULIMOS: a cuberta e despois a froita.
* ESCOITAMOS: axitámolo para ver se producía algún son.
* E... PROBÁMOLO!
Como nos quedamos sen tempo, mañán completremos a "ficha rexistro", que sempre realizamos cando observamos calquera elemento da natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.