Con motivo da celebración do magosto, estos días estivemos a traballar con diferentes textos da literatura oral: cantigas, poemas, refráns...
Un dos refráns que sairón foi o de:
"POLO SAN MARTIÑO,
CASTAÑAS E VIÑO"
(Relacionando esta época do ano co consumo das castañas e do viño novo).
Despois falamos de 2 refráns que gardaban moita similitude co anterior:
"POLO SAN MARTIÑO,
MATA O TEU PORQUIÑO"
(E a época da matanza do porco)
"POLO SAN MARTIÑO,
TROMPOS AO CAMIÑO"
(Época do ano no que é típico xogar con estes xoguetes tradicionais"
Despois de falar destos refráns, apareceron varios trompos na nosa aula, así que aproveitamos para aprender un pouquiño sobre este xoguete.
TROMPOS, PEÓNS, BUXAINAS...
Onte PAULA ensinounos a súa buxaina e bailámola...
Ata intentamos facelo xirar na palma da man.
Hoxe DAMIÁN trouxo unha buxaina e estivemos practicando con ela.
Seguiremos aprendendo algo máis sobre as BUXAINAS e practicaremos para facelas virar.
Moitas grazas Paula e Dami!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.