mércores, 2 de novembro de 2016

6º ANIVERSARIO: ZOE

Hoxe estremaos a "torta de aniversarios" deste curso 2016-17 co 6º cumpreanos de ZOE.

A pesar de estar en primaria, para @s pequech@s o día do seu aniversario segue sendo un día moi especial, no que lles gusta sentirse protagonistas no cole e celebralo co resto dos seus compañeir@s.

Zoe trouxo un "terroríco", á par que delicioso, biscoito de chocolate e arañas, que fixo con axuda da súa nai...

Cantámoslle o cumpreanos feliz, pediu un desexo, soprou as velas, tirámoslle das orellas e... comémos o biscoito... mmm, delicioso!





De agasallo levou a medalla dos aniversarios e unha tarxeta de felicitación.

MOITÍSIMAS FELICIDADES ZOE! 


E moitas grazas por festexalo con todos nós. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.