Cando se asume o coidado dun animal, hai que asumir certas responsabilidades e sobretodo comprometerse a coidalos correctamente.
No noso caso, no que se refire aos cullarapos, temos que mudarlles a auga, e facilitarlles comida. Nesta etapa teñen unha alimentación hérbívora: plantas.
Onte a profe Mada e eu, fomos a coller auga limpa e comida para os cullarapos.
Para hoxe poder preparar o seu "fogar" provisional na nosa aula mentres observamos a súa metamorfose.
Así quedou con auga limpiña e plantas de diverso tipo para que se alimenten ben!
Periódicamente teremos que realizar este proceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.