venres, 22 de abril de 2016

SEMENTEIROS DE MILLO

Xa que estamos a facer sementerios non podíamos esquecernos de facelos dun dos alimentos que foi protagonista no primeiro trimestre: O MILLO!

Recordaredes que durante o proxecto sobre o millo, realizamos múltiples actividades de moi diverso tipo, e adicámoslle un lugar especial no que expuxemos diversas variedades deste cereal.

Tiñamos gardados grans de diversas variedades que esta semana aproveitamos para plantalos.

Observámolos e comparámolos:
* O MILLO normal de cor amarela e con forma un pouco cadrada.
* O MILLO CORVO, de cor oscura e forma parecida.
* Os grans cos que fixemos FLOCOS DE MILLO, tamén de cor amarela pero máis pequerrechos e redondiños.

Esta vez, en lugar de empregar recipientes específicos para plantar as sementes, quixemos "REUTILiZAR" os recipientes nos que Matero trouxo as magdalenas.

Botamos terra ata cubrir, máis ou menos, a metade do recipiente. 




Co "fura bolos" fixemos un buratiños nos que botamos os grans de millo.





Cubrimos todo con terra; aplanámola un pouco e regamos.





Hoxe levamos unha grata sorpresa, pois ademais de ver como as nosas 3 plantiñas de cabaza van medrando, saíron un montón de plantiñas de xirasol... 10!




Que ganas de que chegue o luns para ver que aconteceu!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.