xoves, 7 de abril de 2016

UNHA FONTE DE CULLARAPOS...

Na entrada do cole hai unha pequena FONTE que nos pareceu o lugar perfecto para trasladar aos nosos cullarapos a un "fogar" ao aire libre, mais amplo e acolledor.

Onte a profe Mada e eu fomos a recoller auga e plantas para acondicionar o novo hábitat dos nosos cullarapos. Decidimos que en lugar de sacalos todos a fóra, deixaríamos algún na aula, para facilitar a observación diaria.

Tendo en conta isto, e sabendo que na nosa aula tiñamos 14 cullarapos, pensamos en levar a metade para fóra e deixar os demais .

Os pequech@s foron pescando os 7 cullarapos que levaríamos para a fonte.



Aproveitamos para pescar e facer reconto dos 7 restantes que quedaría na aula, para cambiarlle a auga e poñerlle novas plantas.






Saímos tod@s a fóra para facer o "traslado".







Primeiro enchemos a fonte de auga.



Engadímoslle as plantas.


Botamos os cullarapos: a nosa clase levou 7 a da profe Mada levou 12 , de xeito que a fonte haberá 19 CULLARAPOS.





Seguro que os cullarapos está moi contentos no seu novo fogar!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.