xoves, 14 de abril de 2016

CONTACONTOS: NAI DE MATEO

Hoxe veu á sesión de CONTACONTOS FAMILIARES, Yoli, a nai de Mateo.












Trouxo un conto moi especial que non tiña nin unha soa letra, tratábase dun CONTO SILENCIOSO, con fermosas e espectaculares imaxes en pop-up que fan voar a imaxinación de quen as observa para inventar multitude de historias máxicas.

Despois contóunos un conto que últimamente ten a Mateo cautivado: "A CASA DA MOSCA CHOSCA". Neste conto a Mosca constrúe unha casa e para celebralo prepara unha deliciosa torta. Multitude de simpáticos animais acoden á casa da Mosca Chosca co arrecendo, pero un inesperado e divertido final sorprenderaos...



Onte Yoli e Mateo tamén se puxeron "mans á masa" para elaborar unhas deliciosas magdalenas, que hoxe puidemos degustar na hora da merenda.



Despois de escoitar o conto, puxémonos a debuxar á protagonista. Que tal nos quedou a MOSCA CHOSCA?



Moitísimas grazas por todo Yoli!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.