martes, 12 de abril de 2016

+ COUSIÑAS DE CULLARAPOS E RAS




Hoxe XULIA trouxo unha caixa que dentro tiña unha sorpresa...




Un estanque cunhas imaxes relacionadas coa METAMOSFOSE DAS RAS. Xulia realizouno coa axuda dos seus pais, para traelo á aula e compartilo cos seus compañeiros, para que xogasen a ordear o ciclo da ra no que se observa como vai mudando de forma. 


En días pasados IAGO trouxo un libro moi interesante sobre animais, que adica algunhas páxinas a falar das ras. Tamén trouxo dous sapos moi peculiares pola súa cor e tamén polo seu nome, acompañados dun pequeno libro informativo, do que estivemos comentando varias curiosidades. 

Unha das ideas previas que tiñan os pequech@s antes de comezar o proxecto dos cullarapos era que as ras eran femias e os sapos macho, e aproveitamos para explicar que ras e sapos pertencen a mesma familia pero que non son o mesmo; hai ras femia e macho e o mesmo acontece cos sapos.


ANXO CASTRO tamén trouxo hai uns días novas ras para deixar no recuncho dos cullarapos.






Con todas estas novas aportacións, os alumn@s poden xogar aprendendo e aprender xogando. Moitas grazas por traer todas estas cousas á aula!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.