luns, 11 de abril de 2016

COIDANDO AOS NOSOS CULLARAPOS

Despois de que pasase toda a fin de semana, hoxe tivemos que mudarlle a auga e poñerlles plantas novas.

A fonte estaba repleta, polo moito que choveu estos días, así que baleiramos unha pouca para botarlle auga nova. Retiramos as plantas que xa empezaban a ter mal aspecto e cambiámolas por unhas novas, recén collidas esta mañán.


A auga estaba tan fríaaaaa... que os cullarapos estaban todos escondidos! Ao retirar os plantas, puidemos velos!

Tamén tocou "mudar" aos que temos na aula, e de paso observalos para comprobar se experimentaran algún cambio... pero nada, temos que seguir agardando!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.