Come onte recibimos a visita sorpresa da profe Kika e ademais puidemos gozar de dous magníficos contacontos, non puidemos abrir a MOCHILA VIAXEIRA que viñera da casa de PEDRO, e tivemos que facelo hoxe.
O que máis lle gustou a Pedro de levar o mochila foi poder compartila con toda a súa familia. O libro que lle apasionou foi "MARCOPOLA", pero tamén lle gustou moito que o seu avó lle ensinase o de "O RÍO E A LAGOA" xa que é un pescador experto e contoulle un montón de anécdotas. Tamén gozou co conto de "SACAPENAS", xa que na casa tiña unha pequena caixiña con estes peculiares bonecos, que lle trouxera o seu tío de Guatemala.
Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de MARTÍN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.