luns, 4 de abril de 2016

COUSAS DE RAS!

Sen dúbida o mellor dos proxectos que realizamos na nosa aula son as aportacións que as familias facedes e sobre as cales intento que xiren as aprendizaxes diarias.

* MARIÑA trouxo unha ra moi realista, parecida a que trouxo Raúl a semana pasada. Nesta ra puidemos ver perfectamente a membrana que teñen entre os dedos das súas ancas.

* ANXO DOVAL trouxo 2 manualidades sobre ras que fixo hai tempo: unha ra feita con contas e unha ra "cazamoscas". De seguro que o pasarán xenial intentando coller a mosca!


* IAGO sorprendeunos co XOGO DA RA. El axudou a súa nai e a o seu avó a facelo. E este foi o resultado... que pasada!
Un xogo tradicional que de seguro os avós teñen xogado de pequech@s e que agora recuperaron 3 xeracións xuntas.


Non puidemos resistirnos e colocámolo no patio cuberto para probalo! (Dende hoxe sacarémolo todos os recreos para poder xogar con el).



Ademais de divertirnos un montón e practicar a puntería, tamén comezamos a sumar, ao ter que contar a puntuación (sumando os puntos das fichas que conseguimos "encestar" nos buratos).

Noraboa polo gran traballo realizado á familia de IAGO



Moitísimas grazas a todas as familias por participar de xeito tan activo nos proxectos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.