luns, 11 de abril de 2016

MOCHILA VIAXEIRA: CLAUDIA

Como cada luns a MOCHILA VIAXEIRA volve á nosa aula, esta vez dende a casa de CLAUDIA, quen disfrutou moito con todos os libros que van dentro dela.

No DIARIO Caludia demostrounos canto lle gusta debuxar, ilustrando os libros que máis lle gustaron: "Marcopola", " A nena e o grilo nun barquiño" e "Sacapenas".

Trouxo uns  "SACAPENAS" peruanos moi chulos, xa que o seu pai é peruano, e casualmente atópase pasando uns días nese país. De novo empregamos o noso mapa para situar a PERÚ; que se atopa en América do Sur. 

A profe Mila (titora dos alumnos de 4 anos B, no curso pasado) estivo percorrendo hai pouco Perú e Bolivia (país veciño que tamén situamos) e no que gozou coñecendo a súas xentes, cultura, forma de vida, paisaxes fermosas... e trouxo algo moi peculiar para que o visen os pequech@s...

De que se trata? As respostas foron variopintas: un niño de páxaros, neve, lá... con algunha pista, decatáronse de que se trataba de ALGODÓN!

Era un anaco dunha PLANTA DE ALGODÓN que lles sorprendeu moito! Tocárona para sentir que era exactamente igual ao algodón que teñen nas súas casas para cando lles curan unha ferida.

Ademais de para iso, tamén comentamos que o algodón se emprega para facer diferentes prendas de roupa. Ata visionamos un anaquiño dun video no que puidemos ver como era o proceso de transformar o algodón nunha bobina de fío. 

Os luns sempre veñen acompañados de novidades abraiantes, xa que podemos relacionar a aprender un montón de cousas realcionadas coa mochila viaxeira, que grazas ao traballo das familias, está percorrendo moitos lugares, tanto próximos coma lonxanos: Perú, Australia, Alemania, O Monte Pedroso, Villestro, Os Ánxeles... iso si que é viaxar!


A onde nos levará a semana que ven? Pois teremos que agardar, xa que a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a casa de ÁLVARO.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.