Xa que hoxe o mes fixo alarde do refrán "EN ABRIL, AUGAS MIL", e o horto estaba impracticable, decidimos facer outro sementeiro para conseguir plantiñas para cultivar.
Como xa sabedes, días atrás fixemos un sementeiro coas pipas de cabaza que conseguimos no taller do samaín; e hoxe decidimos empregar as sementes que conseguimos despipando os xirasoles do noso proxecto do primeiro trimestre.
Esta vez os pequech@s sabían perfectamente os pasos a seguir. Así que autonomamente todos plantaron as pipas de xirasol: terra, sementes, máis terra e auga!
Agora so temos que regar os nosos sementeiros periódicamante para conseguir as plantas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.