* Unha ra con coroa? "Será o rei ra... ou a raiña!" foi o primeiro que se lle ocorreu aos pequech@s ao ver esta peculiar ra que trouxo MARTA.
* PEDRO trouxo unhas cantas ras saltarinas, que provocaron as risas dos seus compañeiros ao ver o alto e lonxe que saltaban dun lado a outro da mesa.
* A ra de ANXO CASTRO debía estar famenta, xa que cada vez que se movía abría a boca na procura de algun delicicos insecto.
* MATEO trouxo unhas imaxes de diferentes ras, cas que puidemos desmentir o tópico de que as ras sexan verdes, xa que hai ras de moitas cores, ao igual que tamén varia a súa forma e tamaño; de xeito que observamos e comparamos cada tipo de ra buscando semallanzas e diferenzas (os vindeiros días afondaremos un pouco máis neste tema).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.