No sementeiro de pipas de cabaza, as 3 plantiñas que había medraron moito, sobretodo unha; e naceron 2 máis, en total temos 5 PLANTAS DE CABAZA.
A máis grande, pesa tanto, que non se ten en pé, así que lle colocamos unha palliña para guiala (pois non tiñamos ningún pao e improvisamos).
Aproveitamos para observar a maceta de "O NOSO SEGREDO", e, polo de agora... segue sendo un segredo ben agochadiño. Toca seguir agardando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.