xoves, 21 de abril de 2016

CONTACONTOS: NAI DE IAGO


Hoxe, ALBA, a nai de Iago, veu a nosa clase para contarnos varios dos contos favoritos do seu peque.

Comezou a sesión cun libro que precisamente leva ese título: "UN LIBRO", e dende o primeiro momento espertou a expectación de todos, xa que había que facer o que nos indicaba para poder pasar de páxina e... sorprendernos! E todo a partir dun pequeno círculo amarelo.



A continuación Alba sacou un libro que lle mercara a Iago había pouco tempo, pero que converteu no seu favorito, a pesar de ser... "EL LIBRO SIN DIBUJOS". Efectivamente o conto cumpria co que di no seu título, non ten nin un so debuxo, pero co texto ten a capacidade de facer que os pequech@s se esmendrellen de risa e non sexan capaces de parar.


Por último contounos un conto, que era a continuación doutro, que a nai de Jonás nos contara. Días atrás, Ángeles contounos o conto de "GRÚFALO", e hoxe Alba quixo darlle continuidade a esa historia con "A FILLA DO GRÚFALO",  na que volven a aparecer todos os personaxes do primeiro conto e de novo o ratiño dalles unha boa lección.


Pero a nosa sesión de contacontos non rematou aí... Os nosos compañeir@s da clase de 4 anos B, invitáronnos a escoitar a un conto en INGLÉS, que veu a contar unha LUCÍA, unha amiga de Ale.


O conto era "UN SECRETO", que grazas ó noso nivel de inglés e á "pequena" axuda dos debuxos, puidemos seguir perfectamente.

Neste relato un ratiño ten un segredo que "agocha" para que ninguén o atope, e cando os demais animais do bosque se achegan para preguntarlle de que se trate, el moi convencido resonde cantaruxando:

" É UN SEGREDO, 
E NON O DIREI XAMÁIS!"

* O segredo do ratiño é unha mazá, que para escondela, decide plantala na terra, e esta vai medrando ata que se converte en maceira que da moitas mazás.

Nós tamén queríamos ter O NOSO SEGREDO, así que, como casualmente este recreo eu comera unha mazá, collemos o carozo, onde se atopan as sementes, e plantámolo nunha maceta, ben tapadiño con terra para que ningtén vise o que alí agochamos... 


Shhhhhh! é o noso segredo!


(Como estes días fixemos varios sementeiros e comezamos a cultivar o horto, son este libro enlazamos o traballo que estamos a levar a cabo)

Moitisímas grazas a Alba e a Lucía por contarnos uns contos tan chulos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.