mércores, 13 de abril de 2016

PLANTAS DE FRAMBOESAS

A familia de IAGO troúxonos unhas PLANTAS DE FRAMBOESAS, xa que como sabedes este trimestre comezamos a facer sementeiros e tamén queremos empezar a cultivar no HORTO.


Temos 5 plantas: 1 máis grande que xa ten pequenos brotes dos que sirán frambuesas e 4 máis pequechas.






Observamos a cor, a forma e o tamaño das follas da planta. 







Buscamos e internet imaxes das framboesas e comentamos que forman parte dos froitos do bosque.

* FROITOS DO BOSQE: grupo de froitas miúdas e comestíbeis que tradicionalmente non se cultivaban, senón que medraban en gamallos, arbustos... en fragas, bosques, camiños, valados... Son as amoras, amorodos bravos, framboesas e arandos principalmente. (Tamén se lles coñece como froitos silvestres).



Os mércores, é o día da froita, e Iago e Mariña casualmente trouxeron framboesas! 


Se mañán o tempo nos da unha tregua aproveitaremos para plantar as plantas de frambuesano horto. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.