sábado, 23 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO 2016

Onte, para conmemorar o DÍA DO LIBRO, levamos a cabo o TROCO DE LIBROS que os pequech@s trouxeran das súas casas.


Para iso cada un dispoñía dun vale co seu nome para canxealo por un libro e unha pegatina identificadora para colocar no libro elexido.






Os LIBROS forman parte do noso día a día na aula: 
* Temos un recuncho adicado á biblioteca.
* No noso recuncho informativo reservado ós diferentes proxectos, sempre hai libros relacionados co tema traballado.
* Unha rutina diaria de aula é o momento do conto.
* A mochila viaxeira pasa por todas as casas cargada de libros.
"LER É VIVIR, SENTIR, CRECER"


FELIZ DÍA DO LIBRO 2016


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.