Durante os días pasados os pequech@s e as súas familias estiveron recopilando imaxes de cousas que comezasen pola Letra E, e hoxe comezamos a posta en común de todas esas palabras para comezar a facer o noso mural desta letra.
O primeiro que fixemos foi buscar se algún peque da aula empezaba por esta letra... ELSA!
Cada nen@ presentoulle ao resto dos seus compañeiros todas as súas imaxes, mentres eles as ían nomeando a medida que as visualizaban. Moitas eran evidentes, pero a algunha tiveron que darlle algunha volta... sempre pensando en que empezaran pola letra E.
De todas as imaxes, cada alumn@ seleccionaba unha, fixándose en que non estivese repetida, e pegábana no mural (as restantes reservámolas para realizar unha activide impresa individual na que intentarán escribir autonomame o nome das imaxes restantes)
Un mural bilingüe, que contén palabras en galego e en castelán: ELEFANTE, ESCOBA, ESTACIÓNS, ESQUELETO, ESPADA, ESPANTAPÁXAROS, ECLIPSE, ESPÁRRAGOS, ENSALADO, ESPAÑA, EUCALIPTO, ESCOLA, ESTRELA, ESCALESTRIC.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.