Hoxe Ángeles, a nai de Jonás, veu a nosa aula para contarnos dous contos: "GARBANCITO" e "EL GRÚFALO", que están entre os favoritos de Jonás.
A historia de Gabancito xa era coñecida por moitos, pero as fermosas imaxes do conto e a voz de Ángeles captaron a atención dos pequech@s, que escoitaron como ese raparigo do tamaño dun garabanzo remataba dentro da barriga dun boi.
Polo contrario, agás algunha excepción, non coñecían o conto sobre o Grúfalo, na que un avispado ratiño escapa de ser deborado por un raposo, un mouho e unha serpe inventándose un monstro espantoso... o Grúfalo, que finalmente resulta existir e quere comer o ratiño, pero de novo empregando o seu inxenio, logra saír ileso.
Moitas grazas Ángeles por contarnos estos contos!
* Para todos os que queirades, lembrade que durante este mes de abril as nosas portas están abertas para os CONTACONTOS FAMILIARES. Agardámosvos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.