luns, 30 de novembro de 2015

FACEMOS QUEIXO!

De seguro que lembrades cando ANXO CASTRO nos trouxo un queixo dos que fai a súa avoa para que probásemos. Pois hoxe a súa nai trouxonos todo o que se precisa para facer o QUEIXO, e así poder elaboralo na clase todos xuntos.



O primeiro que fixemos foi ler a RECEITA para saber que precisabamos e que pasos tiñamos que seguir.

INGREDIENTES:
















* Primeiro fomos a aula 1 para temperar o LEITE. (Como non temos cociña, tivemos que quentar o leite no microondas).


- Este leite é das vacas da avoa de Anxo.

Aproveitamos a gran cantidade de leite que tiñamos, para exercitar un pouco o noso pensamento matemático:
- A garrafa onde viña o leite era de 5 LITROS.
- O brick de leite que habitualmente temos na casa é de 1 LITRO.
- Cantos bricks precisaríamos para conseguir a cantidade de 5 litros? ... pensamos e chegamos á conclusión de que precisaríamos 5 bricks.


* Engadirlle ao leite temperado, o SAL e a "MENCIÑA".

- A menciña é unha sustancia que se lle engade ao leite para que calle (cuaje).


* REMEXER.







* Deixar REPOUSAR 2 HORAS ou 2 HORAS E MEDIA para que calle.











* ESMAGAR para separar o soro da parte callada (o queixo).







* COALO para eliminarlle o soro (suero). (Debaixo colocamos un coador e un recipiente para recorrer o soro).









* Despois empregamos unha pano moi fino, neste caso unha media, para eliminar o soro que queda, prensalo e darlle forma.







* Cando xa está ben escurrido e prensado, colocamos o queixo nun recipiente.




Xa estaría listo para comer, pero nós ímolo deixar ata repousar ata mañá no frigorífico.



* Pero puidemos probar un queixo xa feito que a avoa de Anxo lle deu para compartilo cos seus compañeiros.




Moitísimas grazas por todo!

MOCHILA VIAXEIRA



Despois dunha semana hoxe chegou de volta á clase A MOCHILA VIAXEIRARAÚL viña desexoso de abrila para ensinarnos e contarnos todo  que fixera, e que coa axuda dos seus pais, incluira no diario.





Primeiro contounos que leera todos os contos coa auda do seu irmán maior Oscar, e o que máis lle gustara fora "Sacapenas".

Coma Novembro remata  e Decembro é o mes do Nadal, Raúl e a súa familia aproveitaron para facer manualidades de Nadal... quedáronvos super chulas! sodes todos uns artistas!

Pero gardábannos unha gran sorpresa, pois como os pais de Raúl son PASTELEIROS, fixéronnos unhas TRUFFIÑAS e un BISCOITO. (Nas fotos que incluiron no diario podemos ver a Raúl axudando a preparar os doces, ademais de lendo e realizando as manualidades).

Na hora da MERENDA probámolos... Encantounos a decoración das trufiñas, que pintaza! E menuda sorpresa ao cortar o biscoito e descubrir que erea de cores, que chulada! Pero se tiñan moi boa pinta por fora, mellor sabían... Estaban deleicios! Moitísimas grazas por todo!



* Hoxe a MOCHILA VIAXEIRA marchao para a casa de NAZARET. O luns que ben veremos que fixo xon ela. Espero que toda a familia desfrutedes das fermosas lecturas que inclúe.

domingo, 29 de novembro de 2015

... TROMPOS Ó CAMIÑO!

Como esta é a última semana do mes de Novembro decidimos poñerlle fin á nosa EXPOSICIÓN DE BUXAINAS, e de paso aproveitamos para sair ao patio cuberto e poñer a bailar as nosas buxainas!


Comprobamos que é un pouco difícil: enrolar a piola á barriga do trompo, lanzalo e que baile! 



A algún bailoulla sobre o pirucho en lugar de bailar sobre o ferrón!


Pero o importante e que o pasamos moi ben!

* Agora que as buxianas volven para casa recoméndovos que practiquedes e xoguedes cos vosos pequech@s.

CONSTRUCCIÓNS CON CAROZOS

* Antes de nada comunicarvos que estes días non puiden publicar no blog por problemas técnicos do meu ordenador, pero por fin está solucionado e podemos volver a normalidade.


Hoxe quero ensinarvos o ben que o pasamos o venres grazas aos CAROZOS das mazarocas de millo que trouxo IAGO.




Coma o día anterior fóramos de visita á casa do seu avó, este deulle unha bolsa enorme chea de carozos para que os levase ao cole.


Nada máis velos, (coma onte xa lles ensinara os castelos de carozos que eu facia de pequena) quixeron poñerse a xogar con eles.




Primeiro intentaron facer os castelos pero pouco a pouco foron deixando voar a súa imaxinación e saíron un mónton de cousas...






Estas son algunhas das construccións que realizaron:






E ao rematar de xogar, tocou deixalo todo ben limpiño...





xoves, 26 de novembro de 2015

IMOS DE EXCURSIÓN...

... A CASA DO AVÓ DE IAGO!

Por fin chegou o gran dí!, o que estabamos esperando dende que Iago trouxo esas fotos nas que saía na casa do seu avó con todos os utenlios e aparellos que se empregan no proceso do millo... HOXE VISITAMOS A CASA DO SEU AVÓ RICARDO (aínda que nos enteramos de que en realidade e o seu bisavó)

A primeira hora da mañán, nada máis entrar no cole, os nervios dos pequechos notábanse no ambiente, pois estaban desexosos de montar no autobús e sair de excursión.

Repasamos as normas: como ir no autobús, como comportarnos na visita... e despois ARRANCAMOS!





ALBA, a nai de IAGO fíxonos de guía para ir dende o cole ata Amio, un barrio cercano onde estaba a casa do avó.

Nada máis chegar comezou o nosa "VISITA DO MILLO":

* Fomos a ver o HÓRREO no que estaban gardadas as mazarocas de millo que recolleron este ano, para que se sequen.



* Despios pasamos a un recinto no que tiña todos os aparellos que se empregan para "traballar o millo".



* Nun ARCÓN enorme estaban os grans de millo gardados. O avó exolicounos que eran os do ano anterior pois hai que deixar secar o millo moi ben antes de moelo.






* Ao lado deste arcón tiñan unha DEBULLADORA: unha máquina na que se van metendo as mazarocas de millo e hai que darlle voltas á manivela para separar os grans do carozo. 

Un a un os pequechos foron probando, e decatáronse do esforzo que supoñía. 




O avó Ricardo regaloulles os carozos das mazarocas que ian debullando. Os CAROZOS empréganse para acender o lume.




* Eses grans son os que hai que moer, pero antes é necesario eliminar os lixos que poden conter, procedentes do carozo. Para iso, a nai de Iago ensinounos que hai unhas peneiras especiais, de gran tamaño e coas maias grosas, para que os grans queden na peneira e os lixos caian. 

Cando os grans estén "limpos", introdúcense no MUÍÑO, que neste caso é eléctrico. Así conseguimos a FARIÑA, pero sempre ten restos de grans de diferente grosor, de xeito que é preciso pasala pola peneira.




Para PENEIRAR a fariña, tamén hai peneiras de diferentes tamaños e coa maia de diferente grosor, para que so pasen os grans mais finos, case coma pó, e os restos máis grosos queden na peneira.



Sacaron para a eira unhas cubetas con millo e con fariña, e deixáronnos as peneiras para que nós peneirásemos



Pero o MILLO ademáis de para facer fariña, tamén se emprega para outras cousas, entre elas, é unha das comidas preferidas das GALIÑAS. Así que como o avó Ricardo tiña pitas na casa, aproveitamos para darlles de comer. 



E despois detanto "traballar" e tanto aprender, aínda nos agardaba unha sorpresa...

A avoa de Iago, preparou 3 BISCOITOS coa fariña de millo para darnos a merenda... Tíñannos unha mesiña preparada cos biscoitos, unhas mazás e augiña. Menudos anfitrións tan bos.





Así que "A PAPAR" Mmm quedáronlle boísimos, estaban deliciosos!



Despedímonos dando as grazas e cantando a canción de "PAN DE MILLO" que viña que nin pintada para a ocasión.





Ao chegar ao cole falamos do que máis nos gustou da visita, e incluso fixemos uns debuxos moi chulos:




Como o avó lles regalou un CAROZO a cada un, aproveitei para contarlles que cando eu era pequena, na casa da miña avoa, na cociña de leña había sempre algún carozo gardado para acender o lume, e a min gustábame collelos e xogar coa miña avoa a construir "castelos".


Que divertido é aprender así! Aprender da sabedoría dos maiores, da natureza, da agricultura, da cultura da nosa terra... 

* Dende aquí quero agradecer enormemente a amabilidade de toda a FAMILIA DE IAGO. Mil grazas por todo!