Cando ANXO DOVAL dixo que trouxera CABELO DE ANXO todos pensaron nisto...
Sen embargo o CABELO DE ANXO (cabello de ángel) é un doce de cabaza, que se fai cunha variedade específica chamada "cidra". O seu nome débese a que por dentro esta cabaza ten unha apariencia moi particular: fibras alongadas que simulan cabelo.
A nai de Anxo mandounos un tarro con cabelo de anxo caseiro e adxuntounos a receita para saber como é o proceso de elaboración:
Observamos, ulimos, tocamos e probamos... o CABELO DE ANXO!
* O Cabelo de Anxo emprégase moito en REPOSTERÍA.
Grazas á familia de Anxo Doval hoxe puidemos aprender unha aplicación máis das cabazas.
MOITÍSIMAS GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.