Como xa sabedes o outro día estivemos observando tres variedades de ovos. Pois hoxe IAGO trouxo uns ovos moi pequerrechiños para ensinarnos...
...OVIÑOS DE CODORNIZ
O primeiro que fixemos foi buscar imaxes de esta ave que aos pequechos non lles soaba. Para así observa e describir como é...
Contamos... 10 OVOS! Os que faltaban contounos IAGO que foi porque os comeron a súa familia e el, para probalos... e gustáronlle moito!
Tiñan forma ovoide, pero parecían de "xoguete" pois todavía eran máis pequenos que os ovos de kika, pois recordamos que o tamaño dos ovos está relacionado co tamaño das aves.
A cor destes ovos é tostada e manchas marróns escuras. Sorprendeunos que cada ovo era diferente, coma se un pintor dese pinceladas sobre a súa cáscara.
MOITAS GRAZAS IAGO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.