domingo, 15 de novembro de 2015

MANUALIDADES CON ELEMENTOS DA NATUREZA



É incrible a cantidade de cousas que se poden facer empregando a nosa imaxinación. Xusto isto foi o que fixeron MATEO e os seus apis que empregaron obxectos da natureza para facer uns animais moi simpáticos, emregando unhas piñas e unhas cáscaras de noz.




Mateo ensinounos e explicounos que materiais empregou e como realizou cada animal:




MOUCHO: o corpo é unha piña, as plumas fixéronas con algodón, o pico é unha pegatina e por último colocáronlle uns ollos.







RATA: neste caso a piña estaba pechada e a súa forma era a axeitada posto que recordaba moito ao corpo dunha rata, incluso tiña o rabo incluido. Tan só tiveron que engadirlle os detalles dos ollos, as orellas, o nariz e os bigotes.




TARTARUGAS: coas cáscaras dunha noz fixeron os caparazóns de dúas tartarugas e con cartolina debuxaron e recortaron as patas e a cabeza.





NORABOA POLO RESULTADO FAMILIA! Aínda que estou segura que cando mellor o pasáchedes foi realizando as manualidades.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.