Que serían esas "cousas" de cor verde que trouxo hoxe XULIA? As respostas dos pequechos foron: peras, pementos, limóns verdes... pero en realidade tratábase de FREIXOAS.
E... que son as FREIXOAS?
Pois son froitas que teñen a súa orixe en Brasil (Feijoa). A árbore da Freixoa non é de gran tamaño. Ten a folla perenne, cunha cor verde por enriba e blanquecina polo envés. As súas flores son moi chamativas, con múltiples estames de cor vermella. Alcanzan a súa madurez nos meses de outubro e novembro, de xeito que son froitas típicas do OUTONO.
"Observamos" esta froita con todos os nosos SENTIDOS:
Os froitos son grandes, coa pel de cor verde escuro e a carne dunha car amarela clariña.
Ten unha textura rugosa. A carne da Freixoa é moi xugosa.
Teñen un perfume moi peculiar e intenso.
O seu sabor é especial xa que ou encanta ou non gusta nada!
Moitas grazas Xulia por traernos estas froitas tan peculiares!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.