luns, 16 de novembro de 2015

"LOS GIRASOLES" DE VAN GOGH

Seguimos a volta cos XIRASOLES e hoxe centrámonos directamente dun dos cadros que VAN GOGH pintou con esta pranta.



O primeiro que fixemos foi aprender un pouquiño máis sobre a relación deste pintor cos xirasoles:

VAN GOGH foi un pintor que tivo unha estreita “relación” con esta planta. 
Un dos seus cadros máis coñecidos é “LOS GIRASOLES” aínda que en realidade, Van Gogh non pintou un so cadro senón que realizou toda unha serie de pinturas de xirasoles.
Van Gogh pintou estes cadros cando vivía en Arles: tres cadros similares con 15 xirasoles nun xarrón e dous cadros con 12 xirasoles tamén nun xarrón. Comezou a pintar a finais do verán de 1888 e continuou durante o ano seguinte. Un dos cadros de xirasoles que pintou fíxoo para decorar a habitación do seu amigo Paul Gaugin, cando foi a vivir a Arles.

A súa casa en Arles tiña a fachada pintada de amarelo, iso, xunto co ardente sol do mediterraneno do sur de Francia, inspiraron a Van Gogh a elaborar esta serie. As pinturas mostran os xirasoles en todas as etapas da súa vida: dende que están plenamente en flor ata que se marchitan.

As pinturas dos xirasoles foron moi innovadoras na súa época, nelas Van Gogh emprega todo o espectro da cor amarela ademais dunha gama de laranxas, ocres, marróns, beiges... Empregou a técnica de pintura ó óleo empregando pinceladas fortes, agresivas e pequenos toques salteados.







Empregamos ceras brandas para darlle cor ao cadro, que despois de contalo, soupemos que se trataba de "JARRÓN CON 15 GRIRASOLES"




Observamos detidamente para seleccionar as cores que precisábamos para cada xirasol en función da "etapa" na que se atopaba: mústio, seco, en plena floración...










Variamos un pouco o nos RECUNCHO INFORMATIVO para resaltar e unificar a zona adicada aos XIRASOLES.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.