* Antes de nada comunicarvos que estes días non puiden publicar no blog por problemas técnicos do meu ordenador, pero por fin está solucionado e podemos volver a normalidade.
Hoxe quero ensinarvos o ben que o pasamos o venres grazas aos CAROZOS das mazarocas de millo que trouxo IAGO.
Coma o día anterior fóramos de visita á casa do seu avó, este deulle unha bolsa enorme chea de carozos para que os levase ao cole.
Nada máis velos, (coma onte xa lles ensinara os castelos de carozos que eu facia de pequena) quixeron poñerse a xogar con eles.
Primeiro intentaron facer os castelos pero pouco a pouco foron deixando voar a súa imaxinación e saíron un mónton de cousas...
Estas son algunhas das construccións que realizaron:
E ao rematar de xogar, tocou deixalo todo ben limpiño...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.