mércores, 25 de novembro de 2015

DUCIAS DE OVOS...

Como xa levamos uns días falando e aprendendo cousas sobre os OVOS e onte introducimos os conceptos de DUCIA e MEDIA DUCIA, así que busquei a maneira de seguir traballando estes aspectos cos pequechos dun xeito o máis lúdico posible pero tamén realista, así que hoxe apareceron na nosa aula unhas oveiras e uns envases das sorpresas dos ovos de chocolate.



Predominaban os envases de cor amarela, pero no medio había varios ovos de cores menos habituais, iguais a os ovos reais que observamos en días pasados. Recordamos: o ovo azul da galiña guineana, o verde da araucana, o branco de kika...


Primeiro contamos entre todos, logo fixérono eles sos...

A oveira grande contén 
1 DUCIA: 12 OVOS



As oveiras pequenas conteñen 
MEDIA DUCIA: 6 OVOS




Comprobamos de novo que 2 oveiras pequenas, son o mesmo que 1 grande, ou o que é o mesmo, 2 medias ducias, fan unha ducia. 






Este material estará dispoñible nun dos recunchos da nosa aula para que os pequechos experimenten e traballen con el.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.