Na clase de 4 Anos B, XANDRE trouxo para a exposición unha "buxaina" diferente que nos chamou moito a atención, por iso lle pedimos que nola prestase.
Observámola e analizámola detidamente:
* Pola súa forma é claramente un BAILARETE.
* Pero ten unha PIOLA, coma as buxainas; ainda que non se enrola na barriga senón que forma parte dun "mecanismo" de lanzamento que enrosca a piola sobre o pirucho.
O mellor de todo foi lanzala e facela xirar, pois o sistema deste "bailarete-buxaina" fai que sexa moi doado (non coma as buxainas comúns).
Grazas Xandre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.