luns, 9 de novembro de 2015

PREPARANDO A EXPOSICIÓN DE BUXAINAS

O mércores desta semana será 11 de NOVEMBRO día do SAN MARTIÑO, e polo tanto unha data clave! Polo tanto decidimos preparar unha EXPOSICIÓN DE BUXAINAS no corredor da entrada do cole. 


Polo de agora está composta polas BUXAINAS e BAILARETES que tiñamos no cole, pero queremos completala con buxainas decoradas polos pequechos.



Hoxe ANXO DOVAL trouxo unha BUXAINA que un primo seu lle prestou; observámola, mirámola, fixámonos en que tiña un ferrón de punto, e fixémola bailar; encántanos ver como xiran e xiran e xiran moi rápido ao principio e lentamente ao final, mentres se desequilibra ata parar.

* Contamos coa vosa colaboración para encher de cor e persoalidade a exposición!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.