Hoxe comezou a súa andadura a nosa MOCHILA VIAXEIRA: unha mochila que pretende fometar a lectura entre os meus alumnos involucrando as súas familias.
Contén 5 LIBROS de diferentes xéneros literarios:
* ENCICLOPEDIA
* CONTO
* CÓMIC
* POEMARIO
* LIBRO DE MÚSICA
* E ademáis inclúe un DIARIO para que as familias e os alumnos poidan incluir as súas vivenzas, anécdotas, ideas, calquera cousa que se lles ocorra, relacionadas co contida da mochila.
A mochila percorrerá todas as casas dos alumnos de 4 anos A do CEIP das FONTIÑAS, e comezou pola casa de RAÚL. El e a súa familia serán os encargados de comezar a lectura de todos os libros e encher de letras as primeiras páxinas do DIARIO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.