domingo, 15 de novembro de 2015

FABAS

ANXO CASTRO trouxo á clase unhas "vainas" que a primeira vista os seus compañieros pensaban que eran: xudías, guisantes... pero en cando abrimos unha decatáronse de que se trataba de FABAS.



Falamos un pouco sobre esta pranta:


* Clasificamos as fabas dentro do grupo das LEGUMES coma: os garabanzos, as lentellas... 





* As fabas empréganse na COCIÑA en pratos típicos coma: o caldo, a fabada...

* Explicamos o procedo dende que se sementan as fabas, como medra a pranta, como saen as vainas, como van medrando e madurando ata qe se apañan e se poñen a secar para despois debullalas. 

Nós puxémonos a debullar as vainas para sacar todas as fabas que tiñan dentro.





Imos a gardar estas fabas para plantalas no noso horto cando chegue a primavera. 





Aquí vos deixamos as fabas que debuxamos. Que vos parecen?




Moitas grazas Anxo! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.