Hoxe foi día de festa no CEIP das FONTIÑAS, pois os pequechos de EDUCACIÓN INFANTIL, xunto coas familas celebramos o...
Levábamos toda a semana traballando e preparando cousas arredor desta festa que ten tanta tradición na nosa terra, e estábamos desexando que chegase o día de hoxe para celebralo por todo o alto.
A primeira hora da máñan entramos para a aula, e un grupo de nais e pais puxéronse mans á obra para comezar a preparar o magosto.
Mentres preparaban no patio todo o necesario nós aproveitamos para facer os nosos CUCURUCHOS de castañas.
Descubrimos que os cucuruchos ademaais de para coller as castañas tamén nos valían como GORRIÑOS DE FESTA!
Despois saímos para ver como lles ía aos "castañeiros".
Xa tiñan brasas listas e as parrillas repletas de castañas que estaban asando para despois poder comelas.
Ás 11.30 comezaron a chegar as FAMILIAS e deu comezo a FESTA.
Un grupo de nais e pais deleitáronnos con unha "CANTIGA DE MAGOSTO" improvisada e personalizada que aos pequechos lles encantou e ao seu remate romperon en aplausos.
Logo chegou o gran momento, encher os cucuruchos...
E... A COMER CASTAÑAS!
E despois unha ampla variedade de xogos: o "come castañas", castañas con culler, "trineos con cartón"...
E música de ambiente para BAILAR sen parar!
FESTA RACHADA!
* Moitísimas grazas ás FAMILIAS pola asistencia e sobretodo pola colaboración, xa que sen vós o MAGOSTO non houbese sido igual!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.