martes, 24 de novembro de 2015

OVO VERDE?



Despois de ver o OVO AZUL da galiña guineana hoxe IAGO trouxo varios ovos, entre eles un VERDE de galiña ARAUCANA.







O primeiro que fixemos foi buscar imaxes desta galiña par saber como era... o que máis nos chamou a atención, foron as plumas que ten ao redor do pescozo e que nos pareceu unha "barba". Caracterízase porque os seus ovos teñen unha cáscara moi resistente e dunha cor azul-verdosa.


* A galiña Araucana ou Mapuche, é orixinaria do sur de Chile e Arxentina. Foi criada polos índios Mapuches e redescuberta polos colonos na Península de Arauco, de ahí o seu nome.



Xunto co ovo verde Iago trouxo outros tres ovos de galiña común para comparar: tamaño, forma e cor.



O cartón de ovos (oveira) que trouxo Iago, para cantos ovos é? Pois contamos e descubrimos que era para 6: como había 4 ovos, faltaban 2 para enchelo.






Aproveitamos para aprender que os ovos se mercan por DÚCIAS ou MEDIAS DÚCIAS.

Collín unhas oveiras e unhas tapas, para explicarllo.




* Contamos:
12 OVOS = 1 DUCIA

"Partimos pola metade a oveira" e saíronnos 2 oveiras, cada unha con 6 OVOS = MEDIA DUCIA


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.