Mañán celebraremos o MAGOSTO no cole, de xeito que hoxe houbo que rematar cos preparativos...
O primeiro foi recopilar todas as CASTAÑAS que mañán asaremos.
Este días falamos sobre esta celebración tan típica da nosa terra e fixemos algunha referencia aos TRENS DE CASTAÑAS que agora no outono invaden as rúas dos pobos co seu arrecendo tan peculiar ofecendo castañas asadas aos viandantes, e dánllelas nuns cucuruchos feitos con papeis de xornais, para gardar a calor das castañas e ao mesmo tempo evitar que nos queimemos.
Por iso hoxe realizamos varias actividades empregando XORNAIS:
* Fixemos unha actividade impresa na que aparecía unha "cantiga do magosto" que levamos canturreando todos estes días. Coloreamos as castañas e decoraos o cucurucho empregando anaquiños de papel de xornal.
* Elaboramos un "COME CASTAÑAS" para xogar no magosto. Trátase dunha caixa á que lle abrimos 2 "bocas" nas que haberá que encestar as castañas. Decorámola pegando anacos de xornais.
Aínda que antes de decorala quixemos probala, e conseguimos que comese 5 castañas!
* Recórdovos que mañán estades convidadas ao MAGOSTO todas as familias que queirades ou poidades asistir.
DE 11.30 A 13.00
ESPERÁMOSVOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.