Hoxe MARIÑA trouxo un aparello a clase un tanto peqculiar... era unha "MÁQUINA DE FLOCOS DE MILLO" (Palomitera).
Como levamos tempo traballando co MILLO esta era unha divertida e saborosa maneira de seguir descubrindo cousas sobre este alimento.
Xunto coa máquina de flocos, Mariña, tamén trouxo o GRANS DE MILLO que neste caso eran ecolóxicos, así que mellor que mellor.
Aproveitamos para observar os GRANS e comparalos co resto de millo que tiñamos, entre el algunhas mazarocas que ANXO CASTRO troxera días atrás.
Primeiro comparamos as MAZAROCAS e despois debullámolas para observar detidamente cada gran: cor, tamaño, forma...
Sorprendémonos ao ver as VARIEDADES tan diferentes de millo que hai: na clase temos 5 pero hai máis!
Enchemos a tapa coa medida de millo, añadimos sal e bolcámola dentro da máquina, que comezou a xirar e a darlle calor aos grans que aos poucos minutos comezaron a estourar e converterse en FLOCOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.