luns, 30 de novembro de 2015

FACEMOS QUEIXO!

De seguro que lembrades cando ANXO CASTRO nos trouxo un queixo dos que fai a súa avoa para que probásemos. Pois hoxe a súa nai trouxonos todo o que se precisa para facer o QUEIXO, e así poder elaboralo na clase todos xuntos.



O primeiro que fixemos foi ler a RECEITA para saber que precisabamos e que pasos tiñamos que seguir.

INGREDIENTES:
















* Primeiro fomos a aula 1 para temperar o LEITE. (Como non temos cociña, tivemos que quentar o leite no microondas).


- Este leite é das vacas da avoa de Anxo.

Aproveitamos a gran cantidade de leite que tiñamos, para exercitar un pouco o noso pensamento matemático:
- A garrafa onde viña o leite era de 5 LITROS.
- O brick de leite que habitualmente temos na casa é de 1 LITRO.
- Cantos bricks precisaríamos para conseguir a cantidade de 5 litros? ... pensamos e chegamos á conclusión de que precisaríamos 5 bricks.


* Engadirlle ao leite temperado, o SAL e a "MENCIÑA".

- A menciña é unha sustancia que se lle engade ao leite para que calle (cuaje).


* REMEXER.







* Deixar REPOUSAR 2 HORAS ou 2 HORAS E MEDIA para que calle.











* ESMAGAR para separar o soro da parte callada (o queixo).







* COALO para eliminarlle o soro (suero). (Debaixo colocamos un coador e un recipiente para recorrer o soro).









* Despois empregamos unha pano moi fino, neste caso unha media, para eliminar o soro que queda, prensalo e darlle forma.







* Cando xa está ben escurrido e prensado, colocamos o queixo nun recipiente.




Xa estaría listo para comer, pero nós ímolo deixar ata repousar ata mañá no frigorífico.



* Pero puidemos probar un queixo xa feito que a avoa de Anxo lle deu para compartilo cos seus compañeiros.




Moitísimas grazas por todo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.