CLAUDIA trouxo PIÑAS
que apañou na ponte.
Contamos 5 piñas, 4 estaban todavía pechadas e 1 estaba aberta...
Puxémonos a tocalas e miralas de preto, para logo aprender un pouco sobre elas...
As piñas proceden dunhas árbores chamadas PIÑEIROS, que teñen unhas follas alongadas e puntiagudas (coma pinchos ou agullas). As piñas teñen como función protexer os PIÑÓNS que son os froitos do piñeiro.
Cando as piñas xa non teñen piñóns e están secas, empréganse para acender o lume das cociñas de leña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.