xoves, 26 de novembro de 2015

IMOS DE EXCURSIÓN...

... A CASA DO AVÓ DE IAGO!

Por fin chegou o gran dí!, o que estabamos esperando dende que Iago trouxo esas fotos nas que saía na casa do seu avó con todos os utenlios e aparellos que se empregan no proceso do millo... HOXE VISITAMOS A CASA DO SEU AVÓ RICARDO (aínda que nos enteramos de que en realidade e o seu bisavó)

A primeira hora da mañán, nada máis entrar no cole, os nervios dos pequechos notábanse no ambiente, pois estaban desexosos de montar no autobús e sair de excursión.

Repasamos as normas: como ir no autobús, como comportarnos na visita... e despois ARRANCAMOS!





ALBA, a nai de IAGO fíxonos de guía para ir dende o cole ata Amio, un barrio cercano onde estaba a casa do avó.

Nada máis chegar comezou o nosa "VISITA DO MILLO":

* Fomos a ver o HÓRREO no que estaban gardadas as mazarocas de millo que recolleron este ano, para que se sequen.



* Despios pasamos a un recinto no que tiña todos os aparellos que se empregan para "traballar o millo".



* Nun ARCÓN enorme estaban os grans de millo gardados. O avó exolicounos que eran os do ano anterior pois hai que deixar secar o millo moi ben antes de moelo.






* Ao lado deste arcón tiñan unha DEBULLADORA: unha máquina na que se van metendo as mazarocas de millo e hai que darlle voltas á manivela para separar os grans do carozo. 

Un a un os pequechos foron probando, e decatáronse do esforzo que supoñía. 




O avó Ricardo regaloulles os carozos das mazarocas que ian debullando. Os CAROZOS empréganse para acender o lume.




* Eses grans son os que hai que moer, pero antes é necesario eliminar os lixos que poden conter, procedentes do carozo. Para iso, a nai de Iago ensinounos que hai unhas peneiras especiais, de gran tamaño e coas maias grosas, para que os grans queden na peneira e os lixos caian. 

Cando os grans estén "limpos", introdúcense no MUÍÑO, que neste caso é eléctrico. Así conseguimos a FARIÑA, pero sempre ten restos de grans de diferente grosor, de xeito que é preciso pasala pola peneira.




Para PENEIRAR a fariña, tamén hai peneiras de diferentes tamaños e coa maia de diferente grosor, para que so pasen os grans mais finos, case coma pó, e os restos máis grosos queden na peneira.



Sacaron para a eira unhas cubetas con millo e con fariña, e deixáronnos as peneiras para que nós peneirásemos



Pero o MILLO ademáis de para facer fariña, tamén se emprega para outras cousas, entre elas, é unha das comidas preferidas das GALIÑAS. Así que como o avó Ricardo tiña pitas na casa, aproveitamos para darlles de comer. 



E despois detanto "traballar" e tanto aprender, aínda nos agardaba unha sorpresa...

A avoa de Iago, preparou 3 BISCOITOS coa fariña de millo para darnos a merenda... Tíñannos unha mesiña preparada cos biscoitos, unhas mazás e augiña. Menudos anfitrións tan bos.





Así que "A PAPAR" Mmm quedáronlle boísimos, estaban deliciosos!



Despedímonos dando as grazas e cantando a canción de "PAN DE MILLO" que viña que nin pintada para a ocasión.





Ao chegar ao cole falamos do que máis nos gustou da visita, e incluso fixemos uns debuxos moi chulos:




Como o avó lles regalou un CAROZO a cada un, aproveitei para contarlles que cando eu era pequena, na casa da miña avoa, na cociña de leña había sempre algún carozo gardado para acender o lume, e a min gustábame collelos e xogar coa miña avoa a construir "castelos".


Que divertido é aprender así! Aprender da sabedoría dos maiores, da natureza, da agricultura, da cultura da nosa terra... 

* Dende aquí quero agradecer enormemente a amabilidade de toda a FAMILIA DE IAGO. Mil grazas por todo!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.