... TROMPOS Ó CAMIÑO!
Xa estamos no mes de NOVEMBRO; o mes do San Martiño, das matanzas, dos magostos, dos trompos...
O 11 de Novembro é o SAN MARTIÑO, e relacionado con esta data está o refrán que da título a esta publicación.
Os TROMPOS, buxainas ou peóns son xoguetes de madeira troquelada que leva na súa punta un cravo de ferro para que vire con xeito. Para bailar o peón enrólase unha piola ou baraza (cordón) sobre a barriga.
Estes días no cole estamos a aprender cousas sobre estes xoguetes típicos destas datas: observámolos, tocámolos, comparámolos, facémolos xirar, aprendemos as súas partes...
Tamén temos BAILARETES que son pequenos peóns que se bailan coa man (non se precisa piola).
Intentamos bailar os dous bailaretes que temos, é démonos conta que o que é máis pequeno e chato é máis fácil de "facelo bailar" que o alongado. De xeito que a forma do bailarete influe no seu xiro.
Volvín a miña infancia e fixen bailar todos os trompos que tiñamos (xa que lanzar o trompo coa piola é algo complicado para os pequechos).
Bailando un TROMPO con ferrón de tope lanzado con piola.
Bailando unha BUXAINA que se fai bailar cun mecanismo de lanzamento.
* Se tedes pola casa algunha buxaina ou bailarete os pequechos poden traelos xa que queremos facer unha pequena exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.