Hoxe é o día...
"POLO SAN MARTIÑO,
TROMPOS AO CÁMIÑO"
Todo o que levamos traballado e aprendido sobre as BUXAINAS cobra especial relevancia hoxe!
Por iso apreveitamos para que os pequechos nos ensinasen as súas BUXAINAS PERSONALIZADAS para a exposición: cada un explicounos con que material a decorou, que cores empregou e porqué, fixámonos no tipo de ferrón que tiñan, no tamaño, na forma...
Despois asumín un RETO: intentar poñer a bailar todas as buxainas á vez... Menos mal que puiden deixalas preparadas coas piolas enroladas...
A verdade e que xa de pequena me encantaba "bailar o trompo" por iso estou disfrutando coma unha anana durante estes días, e cada buxaina que chega as nosas mans acaba no chan xirando sen parar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.