Cando entrei con esto pola porta da aula e lles preguntei... que son? A primeira resposta foi: "PERAS XIGANTES"... E en realidade pola forma ben o parecían. sen embargo tratábase de ...
CABAZAS!
Dende que empezou a estación do outono, e todavía máis coa chegada do Samaín falamos, trallamos e aprendemos moito sobre este alimento: fomos de "excursión" á platación de cabazas, fixemos un taller de cabazas, probamos puré e magdalenas, fixemos un biscoito... e con cada actividade decatámonos de que hai moitos tipos de cabazas con diferentes formas e cores, pero quizais ningunha tan peculiar coma estas...
Por iso non quixen deixar pasar a ocasión de ensinárllelas e falarlles un pouquiño delas:
* Son cabazas ORNAMENTAIS: NON SE COMEN. Empréganse para decoración.
* Son verdes e con forma de "pera" (como ben observaron os pequechos)
* Tamén se coñecen como as cabazas dos PEREGRINOS: porque antigamente os peregrinos que facían o Camiño de Santiago empregábanas para transportar auga ou viño. (Para iso hai que deixalas secar, baleiralas e perforalas)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.