luns, 23 de novembro de 2015

QUEIXO

ANXO CASTRO trouxo algo moi especial para compartir con todos os seus compañeiros: 

UN QUEIXO DE VACA...

Feito polos seus avós!


Explicounos que os seus avós tiñan vacas e que co seu leite facían os queixos.

Isto levounos a cuestionarnos varias cousas:

* So hai queixo de vaca?
NON: tamén ai queixo de ovella, cabra, búfala...



* Todos os queixos saben igual?
NON: depende do tipo de leite, da elaboración, da curación... 
Hai gran variedade de queixos para todos os gustos.



* Que máis productos se poden facer co leite?
iogurt, manteiga...



E despois centrámonos no queixo que nos trouxo Anxo:

OBSERVÁMOLO
                     TOCÁMOLO,  
                                     ULÍMOLO 
                                                   E... PROBÁMOLO!











MMMMMM... delicioso! á hora da merenda demos boa conta del e papámolo enteiriño!

MOITÍSIMAS GRAZAS ANXO!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.