martes, 3 de novembro de 2015

OURIZO

ANXO DOVAL trouxo unha fermosa manualidade qe fixo cos seus pais durante a ponte... UN OURIZO



Contounos que para facelo empregou plastilina laranxa para o corpo, negra para o nariz, pipas de xirasol para as púas e púxolle dosu olliños. Quedou chulísimo!

O OURIZO ANIMAL é moi parecido ao OURIZO DA CASTAÑA, de ahí que se chamen igual e ademáis deféndense do mesmo xeito: cos seus "PINCHOS".


* O ourizo das castañas é redondiño e cheo de pinchos para que os animais non as poidan comer.






* O ourizo animal cando se sinte ameazado, en perigo, faise un "bola" para protexerse e así queda todo cuberto de púas. Se algún animal o quere comer, pínchase!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.